Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 8967

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría de Telecomunicación.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de decembro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 24 de novembro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 9 de febreiro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría de Telecomunicación

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………….....……………

45

Optativas…………………………………....................

45

Prácticas externas……………………………......……

 0

Traballo fin de máster………………….......................

30

Créditos totais…......................…………...

120

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información

5

Obrigatorio

Módulo I: materias obrigatorias

Submódulo 1A: Xestión Tecnolóxica de Proxectos de Telecomunicación

Dirección de Proxectos de Telecomunicación

5

Obrigatorio

Tratamento de Sinal en Comunicacións

5

Obrigatorio

Submódulo 1B: Tecnoloxías de Telecomunicación

Radio

5

Obrigatorio

Tecnoloxías de Rede

5

Obrigatorio

Tecnoloxías de Aplicación

5

Obrigatorio

Deseño de Circuítos Electrónicos Analóxicos

5

Obrigatorio

Electrónica e Fotónica para Comunicacións

5

Obrigatorio

Sistemas Electrónicos Dixitais Avanzados

5

Obrigatorio

Comunicacións Ópticas

5

Optativo

Módulo II: especialidade Radiocomunicación 

Submódulo 2A: Radicomunicación I

Antenas

5

Optativo

Laboratorio de Radio

5

Optativo

Satélites

5

Optativo

Submódulo 2B: Radicomunicación II

Sistemas Radio en Banda Larga

5

Optativo

Comunicacións Móbiles e sen Fío

5

Optativo

Enxeñaría da Internet

5

Optativo

Módulo III: especialidade: Telemática

Submódulo 3A: Telemática I

Redes sen Fío e Computación Ubicua

5

Optativo

Enxeñaría Web

5

Optativo

Computación Distribuída

5

Optativo

Submódulo 3B: Telemática II

Análise de Datos

5

Optativo

Redes Sociais e Económicas

5

Optativo

Circuítos Mixtos Analóxicos e Dixitais

5

Optativo

Módulo IV: especialidade: Electrónica 

Submódulo 4A: Electrónica I

Codeseño Hardware/Software de Sistemas Empotrados

5

Optativo

Deseño e Fabricación de Circuítos Integrados

5

Optativo

Electrónica de Potencia en Fotovoltaica

5

Optativo

Submódulo 4B: Electrónica II

Acondicionadores de Sinal

5

Optativo

Implementación e Explotación de Equipamentos Electrónicos

5

Optativo

Comunicacións Dixitais Avanzadas

5

Optativo

Módulo V: especialidade: Procesado de Sinal para Comunicacións 

Submódulo 5A: Procesado de Sinal para Comunicacións I

Procesado de Sinal en Sistemas Audiovisuais

5

Optativo

Comunicacións Multimedia

5

Optativo

Procesado de Sinal en Tempo Real

5

Optativo

Submódulo 5B: Procesado de Sinal para Comunicacións II

Sistemas Avanzados de Comunicacións

5

Optativo

Procesado Estatístico de Sinal

5

Optativo

Optimización Numérica en Telecomunicacións

5

Optativo

Módulo VI: optativas

Modelos Matemáticos e Simulación Numérica

5

Optativo

Ténicas Criptográficas de Protección de Datos

5

Optativo

Machine Learning

5

Optativo

Administración de Redes e Sistemas

5

Optativo

Tecnoloxías para o Desenvolvemento Web

5

Optativo

Desenvolvemento de Aplicacións Móbiles

5

Optativo

Radionavegación

5

Optativo

Redes Ópticas

5

Optativo

Radar

5

Optativo

Microwave and Millimetre Wave Circuit Design and CAD

5

Optativo

Seguridade Multimedia

5

Optativo

Sensores Intelixentes

5

Optativo

Laboratorio de Electrónica Dixital para Comunicacións

5

Optativo

Prácticas en Empresas I

5

Optativo

Prácticas en Empresa II

5

Optativo

Prácticas en Empresas III

5

Optativo

Network Information Theory

5

Optativo

Aprendizaxe en Rede e Traballo Colaborativo

5

Optativo

Human-Computer Interaction

5

Optativo

Laboratorio de Equipamentos Electrónicos

5

Optativo

Seminario de Telecomunicacións

5

Optativo

Transdutores Piezoeléctricos e Aplicacións

5

Optativo

Álxebra Lineal Numérica en Enxeñaría de Telecomunicación

5

Optativo

Traballo fin de máster

30

Obrigatorio

Módulo VII: traballo fin de máster

Este máster consta de catro especialidades: 1. Especialidade: Radiocomunicación, 2. Especialidade: Telemática, 3. Especialidade: Electrónica e 4. Especialidade: Procesado de Sinal para Comunicacións.

No primeiro curso o alumnado ten que matricularse dos 45 ECTS obrigatorios do módulo I e dos 15 ECTS do submódulo correspondente á especialidade que elixa. No segundo curso o alumnado ten que matricularse de 15 ECTS do submódulo correspondente á especialidade que elixa, de 15 ECTS optativos do módulo VI e dos 30 ECTS do traballo fin de máster.

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Telecomunicación, o alumnado deberá superar os 120 ECTS dos que consta o máster.