Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 8971

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría de Minas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de decembro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 24 de novembro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Minas pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 9 de febreiro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría de Minas

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias………………………………….....………

69

Optativas…………………………………....................

24

Prácticas externas………………......…………………

 9

Traballo fin de máster.......…………………................

18

Créditos totais…………….........................

120

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Matemáticas Avanzadas

6

Obrigatorio

Módulo I: Simulación Numérica Aplicada á Enxeñaría de Minas

Simulación Aplicada a Mecánica de Sólidos

3

Obrigatorio

Simulación Aplicada a Xeotecnia

3

Obrigatorio

Simulación Aplicada a Procesos Químicos

3

Obrigatorio

Simulación Aplicada a Mecánica de Fluídos

3

Obrigatorio

Modelización e Avaliación de Recursos Mineiros

6

Obrigatorio

Módulo II: Formación Especializada en Tecnoloxías

Enxeñaría de Minerais e Materiais

6

Obrigatorio

Enxeñaría da Auga

6

Obrigatorio

Enxeñaría de Explosivos

6

Obrigatorio

Enxeñaría Mineira

6

Obrigatorio

Xestión Integral de Industrias Mineiras

6

Obrigatorio

Xestión de Recursos Enerxéticos

6

Obrigatorio

Túneles e Infraestruturas Subterráneas

6

Obrigatorio

Automática

3

Obrigatorio

Procesos de Carboquímica e Petroquímica

6

Optativo

Módulo III: Formación Avanzada en Tecnoloxías (submódulo 3A: titulados procedentes do grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo. Mineralurxia e Metalurxia)

Fundamentos de Xeración Eléctrica

3

Optativo

Enerxía Térmica Convencional e Renovable

3

Optativo

Obtención e Transformación de Materiais Metálicos

6

Optativo

Módulo III: Formación Avanzada en Tecnoloxías (submódulo 3B: titulados procedentes do grao en Enxeñaría dos Recursos Minerais e Enerxéticos pola Universidade de Vigo. Explotación de Minas)

Procesos de Carboquímica e Petroquímica

6

Optativo

Fundamentos de Xeración Eléctrica

3

Optativo

Enerxía Térmica Convencional e Renovable

3

Optativo

Concentración de Minerais

6

Optativo

Módulo III: Formación Avanzada en Tecnoloxías (submódulo 3C: titulados procedentes do grao en Enxeñaría dos Recursos Minerais e Enerxéticos pola Universidade de Vigo.Tecnoloxía Específica Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos)

Obtención e Transformación de Materiais Metálicos

6

Optativo

Explotación Sustentable de Recursos Mineiros

7.5

Optativo

Módulo III: Formación Avanzada en Tecnoloxías (submódulo 3D: titulados procedentes do grao en Enxeñaría da Enerxía pola Universidade de Vigo)

Obtención e Transformación de Materiais Metálicos

6

Optativo

Explosivos e Voaduras

6

Optativo

Deseño e Execución de Obras Subterráneas

4.5

Optativo

Concentración de Minerais

6

Optativo

Módulo III: Formación Avanzada en Tecnoloxías (submódulo 3E: titulados procedentes doutros títulos de grao)

Explotación Sustentable de Recursos Mineiros

7.5

Optativo

Obtención e Transformación de Materiais Metálicos

6

Optativo

Explosivos e Voaduras

6

Optativo

Deseño e Execución de Obras Subterráneas

4.5

Optativo

Procesos de Carboquímica e Petroquímica

6

Optativo

Fundamentos de Xeración Eléctrica

3

Optativo

Enerxía Térmica Convencional e Renovable

3

Optativo

Enxeñaría de Noiros

6

Optativo

Módulo IV: materias optativas

Recursos Renovables e non Renovables. Xeomática Avanzada

6

Optativo

Eficiencia Térmica e Coxeración

6

Optativo

Traballo fin de máster

18

Obrigatorio

Módulo V: prácticum

Prácticas externas

9

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Minas, o alumnado deberá superar 96 ECTS obrigatorios e 24 ECTS optativos, estes últimos distribuídos do seguinte xeito:

– Os titulados procedentes do grao universitario en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos. Especialidade Mineralurxia e Metalurxia pola Universidade de Vigo: 12 ECTS do submódulo 3A e 12 ECTS a escoller entre as materias do módulo IV.

– Os titulados procedentes do grao universitario en Enxeñaría dos recursos Mineiros e Enerxéticos. Especialidade Explotación de Minas pola Universidade de Vigo: 18 ECTS do submódulo 3B e 6 ECTS do módulo IV.

– Os titulados procedentes do grao en Enxeñaría dos Recursos Minerais e Enerxéticos pola Universidade de Vigo. Tecnoloxía Específica Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos pola Universidade de Vigo: 12 ECTS do submódulo 3C e 12 ECTS do módulo IV.

– Os titulados procedentes do grao en Enxeñaría da Enerxía pola Universidade de Vigo: 24 ECTS do submódulo 3D.

– Os titulados procedentes dun grao universitario do Sistema universitario español: a) Para os titulados de grao universitario vinculado ao exercicio da profesión regulada de Enxeñería Técnica de Minas: 24 ECTS do módulo III: Formación Avanzada en Tecnoloxías que configure para cada alumno a Comisión Académica do Máster, b) Para titulados de grao universitario non vinculado ao exercicio da profesión regulada de Enxeñaría Técnica de Minas: os 24 ECTS do módulo III: Formación Avanzada en Tecnoloxías que configure para cada alumno a Comisión Académica do Máster e os complementos de formación que a comisión académica estableza para cada alumno.