Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 8988

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

En virtude da autorización outorgada polo Consello de Dirección, con data do 2 de decembro de 2010, para proceder á convocatoria de prazas vacantes na estrutura do Igape, e no uso das facultades conferidas pola Resolución do 12 de abril de 2012 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) de delegación de facultades,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución, cuxas funcións se encontran publicadas na estrutura orgánica do persoal directivo do Instituto, publicada no Diario Oficial de Galicia con data do 25 de abril de 2011, DOG nº 79.

Segundo. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II á Secretaría Xeral do Igape, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un curriculum vitae. Antes da resolución definitiva, a persoa candidata preseleccionada deberá xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos alegados. Non se terán en conta os méritos alegados e non probados.

Cuarto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto.

Quinto. A persoa aspirante seleccionada deberá incorporarse no prazo de 6 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da resolución do proceso no Diario Oficial de Galicia, entendendo doutro xeito que renuncia á súa designación, salvo causas de forza maior debidamente xustificadas.

Sexto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector/a de Programas de Acceso ao Crédito.

Código do posto: 4050202.

Requisitos requiridos:

• Estar en posesión do título de licenciado/a ou diplomado/a universitario/a ou título equivalente.

• Ter a condición de persoal laboral fixo do Igape na categoría de técnico superior ou técnico medio ou funcionario/a ao servizo da Administración da Xunta de Galicia, do grupo A1 ou A2.

Dependencia: Área de Financiamento do Igape.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

MODELO DE SOLICITUDE

DATOS PERSOAIS:

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data de nacemento

Domicilio, rúa e nº

Provincia

Localidade

Teléfono 1

Teléfono 2

Correo electrónico

SERVIZOS NA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA OU IGAPE:

Vínculo xurídico

Categoría profesional

Situación administrativa

Destino actual

SOLICITO:

Posto