Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo, suxeito a regulación harmonizada, de subministración de vehículos en réxime de alugamento para a gardaría fluvial (clave OH.988.354).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.988.354.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración de vehículos en réxime de alugamento para a gardaría fluvial de Augas de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S146, do 1 de agosto de 2014; Diario Oficial de Galicia núm. 147, do 5 de agosto de 2014, e Boletín Oficial del Estado núm. 191, do 7 de agosto de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun criterio de valoración (prezo) e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 767.394 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 511.596 euros. Importe total: 619.031,16 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de novembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 2 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Empresa Monforte, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 327.168 euros. Importe total: 395.873,28 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia