Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de febreiro de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia, no expediente OUR/3/2013-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Manuel López García, no expediente OUR/3/2013-R1, relacionado co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 7 de outubro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de construción de edificación de planta baixa e construción de soportal e escaleiras nunha edificación existente destinada a uso residencial, no lugar da Dehesa, O Serro, no termo municipal do Barco de Valdeorras, provincia de Ourense.

O expediente mencionado encóntrase á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística