Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (901/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 901/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ramón Otero Calvo contra Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a decisión da seguinte sentenza:

«Decisión:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta polo demandante Miguel Ramón Otero Calvo, con citación do Fogasa, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., e absolvo esta entidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial