Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (911/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 911/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mariana Jorge Prado contra Eurocen Europea de Contratas, S.A.U. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte decisión da sentenza:

«Decisión:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mariana Jorge Prado contra a empresa Eurocen Europea de Contratas, S.A., hoxe Extel Contact Center, S.A.U., e absolvo a entidade demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurocen Europea de Contratas, S.A., hoxe Extel Contact Center, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial