Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2015 polo que se notifica liquidación complementaria de xuros de demora a Santiago Prieto Martínez.

Mediante o presente anuncio e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de ser intentada sen éxito a notificación a Santiago Prieto Martínez (NIF 36162782C) no último enderezo coñecido, comunicámoslle que o 19 de decembro de 2014 asinouse unha liquidación complementaria de xuros de demora en relación co procedemento de reintegro nº 940/36/10/257 pola cantidade de 103,36 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, poderá ingresar a dita cantidade na conta corrente da entidade financeira Abanca, núm. ES19 2080 0388 28 31 1000 1396, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben formular directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectúe o pagamento da débeda, iniciarase o procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

O expediente encóntrase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria