Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2013/129-1).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2013/129-1.

Solicitante: Unión Distribuidores de Electricidad, S.A. (Udesa).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17-local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: anexo 1 do proxecto de mellora LMT Santo Antón-A Bazaqueira (Filgueira de Traba-Cesuras).

Situación: concello de Oza-Cesuras.

Características técnicas modificadas:

Pasos aerosubterráneos MT:

Tensión nominal: 20 kV.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tipo: dous pasos aerosubterráneos que se realizarán no apoio nº 20.

Proxectado de tipo HVH-15/2.500 que substitúe o existente de tipo HV-12/1.000 da LMT Santo Antón-A Bazaqueira.

LMT soterrada a CS Santo Antón:

Inicio liña: paso de aéreo a soterrado que se vai realizar no apoio nº 20 proxectado de tipo HVH-15/2.500 que substitúe o existente de tipo HV-12/1.000 da LMT Santo
Antón-A Bazaqueira.

Final liña: paso de soterrado a aéreo que se vai realizar no apoio nº 20 proxectado de tipo HVH-15/2.500 que substitúe o existente de tipo HV-12/1.000 da LMT Santo Antón-A Bazaqueira, despois de realizar entrada e saída no CS Santo Antón proxectado.

Lonxitude: 40 metros.

Condutor: RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

Tensión de servizo: 15 kV.

Centro de seccionamento Santo Antón.

Tipo: centro de seccionamento en caseta de obra civil.

Aparellaxe MT: celas con illamento en SF6.

Esquema do centro: cela de remonte por cable e cela de liña.

Tensión nominal: 20 kV.

Tensión de servizo: 15 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (de acordo co establecido na disposición transitoria segunda da vixente Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico), no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, coas relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña