Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de febreiro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a Resolución do 19 de novembro de 2014 (expediente CJ982E-00/12-3).

A directora da Axencia Turismo de Galicia, o día 21 de xaneiro de 2015, ditou resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Francisco Javier Alén López, en representación do establecemento de turismo rural Doña Blanca de San Clodio, S.L., contra a Resolución do 19 de novembro de 2014 (expediente CJ982E-00/12-3), ditada pola directora da Axencia Turismo de Galicia, pola que se acorda o reintegro da subvención concedida a ese establecemento, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Francisco Javier Alén López, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, sitas na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, consonte o artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: CJ982E-00/12-3.

Nome: Doña Blanca de San Clodio, S.L.

DNI/CIF: B32267817.

Último domicilio coñecido para efectos de notificación: r/ Serrano, nº 41, Madrid.

Resolución: desestimatoria, confirmando a resolución impugnada pola que se acorda o reintegro da subvención concedida a esa entidade, para a creación dun establecemento de turismo rural.