Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8764

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se modifica a do 5 de agosto de 2014, relativa ao concurso ordinario de méritos dos funcionarios con habilitación de carácter nacional.

Con data do 31 de marzo de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocaba concurso ordinario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional. Entre as prazas convocadas incluiuse a da Secretaría-Intervención do Concello de Pol.

Logo de realizada a avaliaciòn das solicitudes presentadas, o Concello ditou resolución e remitiuse á Dirección Xeral de Administración Local para os efectos da formalización do nomeamento.

Mediante Resolución do 5 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, fíxose pública a resolución do concurso. Nesa resolución declarouse deserta a praza de Secretaría-Intervención do Concello de Pol, fundamentouse en que non procedía a formalización do nomeamento da praza por terse achegado fóra de prazo a correspondente documentación xustificativa.

Contra esta resolución interpuxeron recursos de reposición o alcalde-presidente daquela corporación local e Luisa Fernández Pérez, quen solicitara a praza e fora designada polo Concello por proposta da Comisión Avaliadora.

Con data do 30 de outubro de 2014 ditouse resolución estimatoria daqueles recursos de reposición e revogouse a Resolución do 5 de agosto de 2014.

Polo exposto, e en aplicación do previsto na Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer público que, en virtude da estimación dos recursos de reposición interpostos contra a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 5 de agosto de 2014, se revogou tal resolución, que declarara a inadmisión da formalización do nomeamento da praza de Secretaría-Intervención do Concello de Pol. En consecuencia, cómpre formalizar o nomeamento nos termos que se indican no anexo que se xunta.

Segundo. O prazo da toma de posesión no novo destino será de tres días hábiles, se se trata de postos de traballo na mesma localidade, ou dun mes, se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación; Concello de Pol (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación: Resolución do 27 de marzo de 2014 (DOG núm. 62, do 31 de marzo de 2014).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 15 de xullo de 2014.

Adxudicataria: Luisa Fernández Pérez (nº de rexistro de persoal: 45430113/13/A/3015).

Subescala e categoría: secretaría-intervención.