1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Montes, Parques e Xardíns. c) Nº de expediente: 7842-446.
2. Obxecto do contrato: a) Descrición: adquisición dos bancos necesarios para a reposición de mobiliario urbano en rúas e zonas verdes do concello de Vigo. b) CPV: 39113600-3. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: parque central municipal de Santa Cristina de Lavadores. e) Prazo de execución: un (1) mes.
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 9 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base: 39.930 euros (IVE incluído).
5. Garantías provisionais: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) da folla de expecificacións do contrato (FEC).
8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC). c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.
Vigo, 20 de febreiro de 2015
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación