Con data do 26 de xaneiro de 2015, os concellos de Caldas de Reis e de Marín, de acordo co previsto no artigo 6.3 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, formalizaron acordo de colaboración para a autorización de comisións de servizo de carácter voluntario por parte de funcionarios da Policía local da escala básica, categoría de policía, dun concello no outro, de acordo coa normativa vixente en cada momento.
Marín, 29 de xaneiro de 2015
María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta