Anuncio da sinatura do texto inicial do convenio urbanístico de xestión para a adquisición de vía na rúa Capela.
O día 5 de decembro de 2014 asinouse o texto inicial do convenio urbanístico para a adquisición de vía na rúa Capela.
Conforme dispón o artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa poida examinalo e formular as alegacións que xulgue pertinentes.
As Pontes de García Rodríguez, 16 de febreiro de 2015
Antonio Alonso Román
Concelleiro de Urbanismo