1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-65/2014.
2. Obxecto do contrato: servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras pertencentes ou delegadas na Área de Infraestruturas do Concello da Coruña, inferiores a 600.000 euros. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 362.395 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 16 de marzo de 2015. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 9 de febreiro de 2015
P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública