Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 26 de marzo de 2014 ditada no expediente IU3/215/2011-A1R1, devolta polo servizo de Correos.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 15 de xaneiro de 2015, a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por María Adelina Alves Machado, contra a Resolución do 26 de marzo de 2014 ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en que se impoñía unha primeira multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 8 de novembro de 2012 na cal se lle ordenaba a demolición dunha edificación destinada a uso residencial e un caseto de ladrillo sen recebar para resgardar a bomba de presión para a auga, no lugar das Regas, parroquia de Carballido, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á citada interesada, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á citada interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística