Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8380

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicos os resultados da proba de galego do concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co disposto na base quinta da Resolución do 29 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, pola que se convoca o concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional (BOE núm. 278, do 17 de novembro), e co número 4 do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a estes mesmos funcionarios no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, esta Dirección Xeral de Administración Local

DISPÓN:

Elevar a definitiva a proposta elaborada pola Comisión Técnica de Valoración nomeada pola Resolución desta dirección xeral do 6 de febreiro de 2015 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro) de concursantes que no anexo se relacionan, que participaron na proba de galego celebrada o día 18 de febreiro de 2015 no concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter nacional convocado pola Resolución do 29 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Publica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (BOE núm. 278, do 17 de novembro).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2015

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Participantes

DNI

Valoración

Fernández Fernández, Ricardo

11425142-F

Apto

Lamelas Soto, Silvia

41084531-E

Apta

López Mosquera García, Ruth

72966447-M

Apta

Quintáns Queiruga, Manuel

33209636-M

Apto