Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0180/2014-VNA e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro
(BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2015

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0180/2014-VNA.

Denunciada: Beatriz Sales Arias.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0003/2015-CSA.

Denunciado: Marcelino Couñago Crujeira.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0086/2014-IA.

Denunciada: Mª Concepción Vila Rodríguez.

Acto de notificación: proposta de resolución.