Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (617/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 617/2012 por instancia de María del Carmen Ferreiro Espinosa contra as empresas Manuel Malde y Cía., S.R.C., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Myriam Tellería González, Malde Antic, S.L., Manuel Malde López, C.B., Oyalia, S.L., a administración concursal de Oyalia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 26 de xaneiro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por María del Carmen Ferreiro Espinosa fronte a Manuel Malde y Cía., S.R.C., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Myriam Tellería González, Malde Antic, S.L., Manuel Malde López, C.B., Oyalia, S.L. e a administración concursal desta última, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénanse solidariamente as empresas Manuel Malde y Cía., S.R.C., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Myriam Tellería González, Malde Antic, S.L., Manuel Malde López, C.B. e Oyalia, S.L. a aboar á demandante a cantidade de dous mil novecentos trinta e tres euros con corenta e un céntimos de euro (2.933,41 euros), vinculando tales cantidades á administración concursal de Oyalia, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Manuel Malde y Cía., S.R.C., Óscar César Malde Pardo de Andrade, Myriam Tellería González, Malde Antic, S.L., Manuel Malde López, C.B. e Oyalia, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial