Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 493/2014-C, interposto pola Sociedade de Cazadores de Vilamartín, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 493/2014-C interposto pola Sociedade de Cazadores de Vilamartín contra a Resolución do 24 de xullo de 2014, do Xurado Provincial de Montes en Man Común, pola que se resolve a clasificación como veciñal en man común do monte denominado ampliación do Monte Armada, a favor dos veciños da parroquia de Correxais (San Pedro), no concello de Vilamartín de Valdeorras, Ourense (DOG do 11 de agosto de 2014).

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de febreiro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense