Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Céltigos, SAT nº 4096, na asemblea xeneral
do 1 de decembro de 2014, que ratifica a do 5 de marzo de 2004, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por falecemento do socio José Antonio Suárez Mosquera, e a aprobación da liquidación aos seus herdeiros do título que tiña o socio falecido.

2. Aprobar a baixa das socias María del Carmen Cao Botana e Dosinda Mosquera Sánchez que venden o título que teñen cada unha delas aos socios, María José Pardo Aller e José Antonio Suárez Sánchez respectivamente.

3. Aprobar a redución do capital social dos socios María José Pardo Aller e José Antonio Suárez Sánchez en un título cada un deles.

Como consecuencia da redución do capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

María Sánchez Mosquera 1 título 4.714,94 € de capital social

María José Pardo Aller 1 título 4.714,94 € de capital social

José Antonio Suárez Sánchez 1 título 4.714,94 € de capital social

4. Aprobar a modificación e renovación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 14.144,82 € e estará representado
por 3 títulos de 4.714,94 € cada un deles».

5. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta de asemblea, de xeito que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

6. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está composta por: José Antonio Suárez Sánchez, presidente; María José Pardo Aller, secretaria e María Sánchez Mosquera como vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Ganadería Xusto, SAT nº 1333 XUGA, na asemblea xeral do 4 de novembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa voluntaria de Rocío Martínez Castro, que transfire a totalidade dos seus títulos entre os restantes socios.

Como consecuencia desta baixa, o capital social queda distribuído entre estes da seguinte forma:

Francisco José Castro Prado 4.289 títulos 42.890,00 € de capital social

José Castro Cabana 4.289 títulos 42.890,00 € de capital social

Mª Asunción Prado Souto 4.289 títulos 42.890,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da seguinte forma: «O capital social cífrase en 128.670,00 € e estará representado por 12.867 títulos
de 10,00 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar composta por tres membros.

4. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está constituída por: José Castro Cabana, presidente; Mª Asunción Prado Souto, secretaria e Francisco José Castro Prado como vogal.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Lixeiro, SAT nº 999 XUGA, na asemblea xeral do 10 de novembro de 2014, toma o acordo seguinte:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar formada por: Javier López García, presidente; Juan Vila Martínez, secretario; Benito Armesto López, Alberto Vila Martínez, Flora García López, José López García e Alberto Armesto Álvarez como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Canedo, SAT nº 1096 XUGA, na asemblea xeral do 30 de novembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Luis Caro Veiras, presidente; Dolores Veiras Sánchez, secretaria e Manuel Carro Álvarez como vogal.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Queitano, SAT nº 1219 XUGA, na escritura pública do 14 de outubro de 2014, toma o seguinte acordo:

Aprobar a transformación de Queitano, SAT nº 1219 XUGA en Ganadería Queitano, S.L., que está inscrita no Rexistro Mercantil de Lugo no tomo 470, folla LU-17711, libro 0 e folio 107.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Monte de Trabada, SAT nº 1233 XUGA, na asemblea xeral do 2 de novembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa por defunción do socio José Ramón Fernández Sobrado.

2. Aceptar a baixa voluntaria do socio Ángel Villapol Lombardero.

Como consecuencia destas baixas o número de socios que constan de alta na sociedade é de 162.

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 1.296,00 € e estará representado por 172 títulos de 8,00 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está formada por: Daniel Villapol Valea, presidente; José Ramón Fernández Álvarez, secretario; Manuel Barata Villapol, Abel Barrera Sanjurjo, Raúl Felpete Seivane, José Rodríguez Vigo e Eugenio Edrosa Álvarez.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Granxa Arean, SAT nº 984 XUGA, na asemblea xeral do 1 de decembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Arean Arean, presidente; Jorge Genoveva Arean, secretario e Mª del Mar Vázquez Fernández como vogal.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Leixa-2, SAT nº 908 XUGA, na asemblea xeral do 4 de novembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Ramón Moreno Vidal, presidente; Francisco José Moreno Bouza, secretario e Josefina Bouza Castro como vogal.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Méndez, SAT nº 916 XUGA, na asemblea xeral do 4 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está constituída por: José Manuel Méndez Álvarez, presidente; Jesús María Méndez Álvarez, secretario e Mª José Gestal Viqueira como vogal.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Caamaño, SAT nº 1192 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan José Barcia Riveiro, presidente; Fernando Grille Blanco, secretario; María Riveiro Vieites e
Mª Monserrat Barcia Casanova como vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Sanchiño Castro, SAT nº 1226 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Sanchiño López, presidente; Juan Julián Sanchiño López, secretario e José Sanchiño
López como vogal.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Bernaldo, SAT nº 1413 XUGA, na asemblea xeral do 30 de outubro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar unha ampliación de capital por importe de 46.080,00 € de forma equitativa entre os catro socios que constitúen a sociedade.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído da seguinte forma:

Jesús Maximino Costa Rios 130 títulos 49.920,00 € de capital social

José Luis Bocija Vicente 130 títulos 49.920,00 € de capital social

María del Carmen Castro Prego 130 títulos 49.920,00 € de capital social

Elvira Isabel Costa Bello 130 títulos 49.920,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 199.680,00 € e estará representado por 520 títulos
de 384,00 € cada un deles».

3. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar formada por: Jesús Maximino Costa Ríos, presidente; José Luis Bocija Vicente, secretario; María del Carmen Castro Prego e Elvira Isabel Costa Bello como vogais.

m) A Sociedade Agraria de Transformación O Ferreiro, SAT nº 977 XUGA, na asemblea xeral do 31 de decembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Carlos Vázquez Penas, presidente; Ramón Vázquez Rial, secretario e María Jesús Rial Iglesias como vogal.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Grueira-Fernández, SAT nº 1193 XUGA, na asemblea xeral do 26 de decembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Ana María Fernández Méndez, presidenta; Tania Grueira Fernández, secretaria; José Antonio Grueira Barja e Mª José Barja Corredoira como vogais.

o) A Sociedade Agraria de Transformación Visóns do Carrio, SAT nº 642 XUGA, na asemblea xeral do 23 de decembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa voluntaria do socio Manuel Castro Montoto coa correspondente liquidación da súa participación na sociedade. Os 10 títulos que tiña son repartidos de xeito equitativo entre os restantes socios.

2. Aprobar a modificación do valor do título, que pasa a ser de 120,20 € a 150,25 €.

Como consecuencia da baixa do socio e a redenominación dos títulos, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Manuel Gonzalo Quinteiro López 10 títulos 1.502,50 € de capital social

José Ramón Quinteiro Quinteiro 10 títulos 1.502,50 € de capital social

Luis Castro Montoto 10 títulos 1.502,50 € de capital social

Juan Carlos Quinteiro Quinteiro 10 títulos 1.502,50 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 6.010,00 € e estará representado por 40 títulos
de 150,25 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de maneira que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

5. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Gonzalo Quinteiro López, presidente; José Ramón Quinteiro Quinteiro, secretario; Luis Castro Montoto,
tesoureiro e Juan Carlos Quinteiro Quinteiro como vogal.

p) A Sociedade Agraria de Transformación Ferreiro García, SAT nº 1418 XUGA, na asemblea xeral do 15 de novembro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a transmisión de catro títulos mediante compravenda, da socia Mercedes Lema Rodríguez ao pretendido novo socio Estefan García Lema.

2. Aceptar a alta de Estefan García Lema.

Como consecuencia desta transmisión de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Carmen Ferreiro Touriñán 8 títulos 8.000,00 € de capital social

Mercedes Lema Rodríguez 4 títulos 4.000,00 € de capital social

Manuel García Ucha 8 títulos 8.000,00 € de capital social

Estefan García Lema 4 títulos 4.000,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel García Ucha, presidente; Carmen Ferreiro Touriñán, secretaria; Mercedes Lema Rodríguez, tesoureira y Estefan García Lema, como vogal.

q) A Sociedade Agraria de Transformación Pazo de Eiras, SAT nº 1239 XUGA, na asemblea xeral do 10 de agosto de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar formada por: Ángel Antonio Fernández Ramos, presidente; Luis Javier Fernández Ramos, secretario; María Mercedes Ramos Casal e Monserrat Fernández Ramos como vogais.

B) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Visóns do Carrio, SAT nº 642 XUGA, na asemblea xeral do 29 de decembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Manuel Gonzalo Quinteiro López, José Ramón Quinteiro Quinteiro e Luis Castro Montoto.

C) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Visóns do Carrio, SAT nº 642 XUGA, na asemblea xeral do 29 de decembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria