Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fan públicas varias resolucións correspondentes a solicitudes do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, reguladas na Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño) (expediente TR349A 2014/146-3 e tres máis).

Intentada a notificación destas resolucións, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica por seren devoltas polo servizo de Correos, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento destas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles o dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida da Habana, 79-7º andar, en Ourense, e a obter, se é o caso, copia do acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de febreiro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR349A 2014/146-3.

Nome ou razón social: Francisco López Vázquez.

NIF/CIF: 34973319W.

Último enderezo coñecido: Hermida de Montes, nº 18, 32430 Beariz (Ourense).

Tipo de axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: denegatoria.

Expediente: TR349A 2014/169-3.

Nome ou razón social: Granxa Pena, S.L.

NIF/CIF: B32422933.

Último enderezo coñecido: rúa Curros Enríquez, nº 6, baixo, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Tipo de axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: denegatoria.

Expediente: TR349D 2014/4-3.

Nome ou razón social: Impercugal, S.L.

NIF/CIF: B32424996.

Último enderezo coñecido: rúa de Flores, nº 7, 32700 Maceda (Ourense).

Tipo de axuda: programa de incentivos á contratación temporal.

Contido da resolución: notificación de arquivo por desistencia.

Expediente: TR349A 2014/152-3.

Nome ou razón social: Bus Tecnología, S.L.

NIF/CIF: B32446429.

Último enderezo coñecido: rúa Rampa de Sas, nº 6-3º I, 32002 Ourense.

Tipo de axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

Contido das resolucións: favorable e revogatoria.