Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2014/382-1 e sete máis.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir sen que fose posible, polo que, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle por medio desta cédula a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2011 (DOG do 5 de decembro).

En cumprimento do artigo 61 da antedita LRXAP e PAC, comunícaselles que neste mesmo prazo poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial na rúa Salvador de Madariaga, 9 1º, Centro Comercial Elviña na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do acto.

Expediente nº: RL 2014/382-1.

Acta Inf. nº: I152014000082571.

Empresa: José Manuel García Caamaño.

NIF: 32802520N.

Enderezo: rúa Fomento, 49, 15100 Carballo.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 17 de decembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a José Manuel García Caamaño unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente nº: RL 2014/307-1.

Acta Inf. nº: I152014000092877.

Empresa: Centro de Ejercicio Integral, S.L.

NIF: B70151105.

Enderezo: rúa Estrella, 5 3º, porta D-C, 15100 Carballo.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigo 25 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Tipificación: artigo 12.7 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 17 de decembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Centro de Ejercicio Integral, S.L. unha sanción por importe tres mil euros (3.000 €).

Expediente nº: RL 2014/358-1.

Acta Inf. nº: I152014000095406.

Empresa: Salsa Santa Cristina, S.L.

NIF: B70389648.

Enderezo: rúa Ernesto Che Guevara, 63, porta B (Perillo), 15176 Oleiros.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigo 5 en relación co artigo 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Tipificación: artigo 50.4.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 29 de decembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Salsa Santa Cristina, S.L. unha sanción por importe de dez mil un euros (10.001 €).

Expediente nº: RL 2014/370-1.

Acta Inf. nº: I152014000101870.

Empresa: Cumbraos 2010, S.L.

NIF: B70268222.

Enderezo: rúa Fonte Seoane, 4, baixo, 15001 A Coruña.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Tipificación: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15 de xaneiro de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Cumbraos 2010, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2014/371-1.

Acta Inf. nº: I152014000101971.

Empresa: Cumbraos 2010, S.L.

NIF: B70268222.

Enderezo: rúa Fonte Seoane, 4, baixo, 15001 A Coruña.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigo 4 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15 de xaneiro de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Cumbraos 2010, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta e un euros (1.251 €).

Expediente nº: RL 2014/387-1.

Acta Inf. nº: I152014000102274.

Empresa: Raúl Jacinto Estrada Melo.

NIF: 35624930T.

Enderezo: avenida do Exército, 16, porta D, 15006 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 14, 17.1, 18.1 e 19.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigo 3.5 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo; e artigo 6 do Real decreto 1216/1997, do 18 de xullo, polo que establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo a bordo de buques de pesca.

Tipificación: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15 de xaneiro de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Raúl Jacinto Estrada Melo unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2014/244-1.

Acta Inf. nº: I152014000074386.

Empresa: Instalaciones Eurogas, S.L.

NIF: B45726072.

Enderezo: rúa Rufino Rubio, 1, 45220 Yeles (Toledo).

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigo 15.1.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 21 de novembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Instalaciones Eurogas, S.L. unha sanción por importe de mil euros (1.000 €).

Expediente nº: RL 2014/270-1.

Acta Inf. nº: I152014000074992.

Empresa: Instalaciones Eurogas, S.L.

NIF: B45726072.

Enderezo: rúa Rufino Rubio, 1, 45220 Yeles (Toledo).

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigo 9 do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo; artigos 18, 19 e 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Tipificación: artigos 11.4, 12.2 2 e 12.8 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 27 de novembro de 2014.

Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer a Instalaciones Eurogas, S.L. unha sanción por importe de dez mil catrocentos seis euros (10.406 €).

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña