A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que á súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.
Unha vez solicitada por María Celia Muñoz Goy, con DNI número 32449179-C, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integrala no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de socioloxía, con efectos económicos e administrativos do 9 de febreiro de 2015.
Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
A Coruña, 9 de febreiro de 2015
Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña