Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 24 de novembro de 2011, pronunciou a sentenza número 1144/2011, ditada no procedemento ordinario nº 4582/2008, interposto por José Rodríguez Quintela, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:
«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por José Rodríguez Quintela contra a Orde do 1 de agosto de 2008, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se deu aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Melón, que anulamos por non ser conforme ao dereito. Non se fai imposición de custas».
A citada sentenza foi declarada firme.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015
María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo