Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8066

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de febrero de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2,
escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Dolores Pérez Ayuso, funcionaria do corpo superior facultativo da Xunta de Andalucía, opción de enxeñaría de minas.

Secretaría:

– Jorge José Delgado Martín, catedrático da área de coñecemento de Enxeñaría do Terreo da Universidade da Coruña.

Vogais:

– José Luis González Cespón, profesor titular da área de coñecemento de Expresión Gráfica na Enxeñaría da Universidade de Vigo.

– Eugenio Fernández Piñeiro, funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

– Margarita Segade Castro, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Susana Covelo López, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de minas.

Secretaría:

– Ricardo Antonio Juncosa Rivera, profesor titular da área de coñecemento de Enxeñaría do Terreo da Universidade da Coruña.

Vogais:

– Ricardo Miguel Baños Fojo, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

– Xan Mera Cabanelas, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

– Aurora Belén Miragaya Sánchez, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.