Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8068

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de febreiro de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala de enxeñeiros/as de minas

Tribunal titular:

Presidencia:

– Miguel Ángel Veiga Campo, funcionario do corpo superior facultativo da Xunta de Andalucía, opción de enxeñaría de minas.

Secretaría:

– Elena de las Mercedes Alonso Prieto, profesora titular da área de coñecemento de Explotación de Minas da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Alicia Sampedro Cadrecha, funcionaria do corpo de enxeñeiros/as de minas da Administración xeral do Estado.

– Zeltia Lado Lago, funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

– Felipe Macías Vázquez, catedrático da área de coñecemento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– María José Mijares Coto, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de minas.

Secretaría:

– Lucía Álvarez Márquez, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de minas.

Vogais:

– María Lorena Antelo Romero, funcionaria da escala de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de intervención-tesouraría.

– Tomás Nogueiras Nieto, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

– Javier Taboada Castro, catedrático da área de coñecemento de Explotación de Minas da Universidade de Vigo.