Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 6 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lle dá publicidade ao inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptados pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro da bolsa concedida, identificada no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición da interesada o expediente para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, alegue e presente os documentos e xustificacións que coide pertinentes, ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rúa Vicente Ferrer, número 2, 9º, A Coruña (teléfono 981 18 47 41/742).

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que a interesada esté conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

A Coruña, 6 de febreiro de 2015

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Díaz Merino, Ana. A Coruña.

NIF: 54129366Q.

Importe: 3.029,00 €.

Curso: 2011/12.

Causa: 1.1.