Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (730/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 730/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Villa Bretal contra Pescados Juan Fernández, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza número 476, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Demandante: Carmen Villa Bretal

Avogada:

Demandada: Pescados Juan Fernández, S.L.U. (non comparece)

Interveniente: Fogasa (non comparece)

Sentenza.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014.

(…)

Resolvo.

Que estimando a demanda promovida por Carmen Villa Bretal, contra a empresa Pescados Juan Fernández, S.L.U., debo declarar e declaro nulo o despedimento efectuado á demandante, así como declaro extinta a relación laboral entre a demandante e a demandada, condenando a empresa demandada a que aboe unha indemnización de vinte e nove mil sete euros (29.007,00 €) con aboamento dos salarios de tramitación devindicados desde a data do despedimento ata a data de notificación da presente sentenza, a razón de 46,88 euros diarios.

Debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a contía de cento quince euros con noventa céntimos (115,90 €) en concepto de vacacións non desfrutadas.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que ao Fogasa lle corresponda asumir dentro dos límites legais (artigo 33 ET).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde a súa notificación, pasados estes quedará firme en dereito.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Miguel Ángel García Lastres, xuíz substituto do Xulgado de reforzo do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial