Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de requirimento de pagamento de débedas C-82/010, conta 86.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto adoptouno a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00
ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-82/010, conta 86.

Interesado: Francisco Pérez Pereiro.

Último enderezo coñecido: r/ O Prado, bloque 22 P-7 (J), 6º D, Ferrol.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débeda.