Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de solicitude de licenza (expediente 40526/422).

Plaza China Jin Cheng, S.L., solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de actividade para bazar e comercio téxtil, que se situará en Travesía de Vigo, nº 174 (expediente 40526/422).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 13 de xaneiro de 2015

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos e Patrimonio