Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2014, da Dirección de Urbanismo, de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención de solo para a urbanización da rúa Río en Visma.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 12 de decembro de 2014, adoptou o seguinte:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a obtención do solo para a urbanización da rúa Río en Visma. O importe do presente proxecto de expropiación ascende a 13.794,42 euros e existe crédito adecuado e suficiente con cargo á partida 30.151.600.05 do orzamento do ano 2014, código de proxecto 2014-2-30-6.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios destas.

De conformidade co disposto no artigo 143.2 e 3 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese á información pública polo prazo dun mes para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias de Urbanismo (praza Indalecio Prieto, nº 1, antigo Cuartel de Intendencia), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo