Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2014/091-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Expediente: IN407A 2014/091-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS liña cero subestación Carballo, 2ª fase.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión soterrada subestación Carballo-CT Álvarez Sotomayor, 1 a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,375 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre a subestación Carballo (expediente 11.303) e o CT Carpinteiros (expediente 143/2009), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre a subestación Carballo (expediente 11.303) e o CT Carpinteiros (expediente 143/2009).

Tramo de liña de media tensión soterrada CT Mercado-CT Valle Inclán, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,185 km, con orixe en cela de liña existente no CT Mercado (expediente 26.226), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre o CT Mercado (expediente 26.226) e o CT Valle Inclán (expediente 234/2010).

Tramo de liña de media tensión soterrada CT Mercado-CS Telefónica, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,034 km, con orixe en cela de liña proxectada no CT Mercado (expediente 26.226), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. CBL-704A, tramo entre o CT Carpinteiros (expediente 143/2009) e o CS Telefónica.

Adecuación CT Mercado (expediente 26.226).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña