Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 6 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra a resolución sancionadora en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/M/2014/00672).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a solicitud de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este carece dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tal e como é que, para interpoñer recursos, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade, remitíndoo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Secretaría Xeral Técnica, Servizo Técnico Xurídico, San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela.

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da recepción da presente comunicación, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lémbrase que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta Administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2014/00672

PO-01116-O-2011

6829-CXG

Garda Civil 3604 P03095B

Grupo J.C.A. Hormigones, S.A.

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización.

14.7.2011; 11.06; AP-9; 137,5