Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7518

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de febreiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro), modificada polas ordes do 25 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 3 de marzo) e do 6 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 55, do 20 de marzo), para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, de conformidade co disposto na base II.1.1.4. acordou:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación da puntuación obtida pola aspirante presentada ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de inspección urbanística, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, a aspirante Olalla Flores Fernández con DNI: 44835181Q que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo), foi valorada como apta.

Terceiro. Que de acordo co disposto na base II.1.2.7 da orde da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas en relación coa cualificación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratrivo común.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

José Luís Mato Rodríguez
Presidente do tribunal