Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7349

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación puntual 1 do plan parcial do sector SUR R-18.

O Pleno do Concello na sesión celebrada o 29 de xaneiro de 2015 acordou:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual 1 do plan parcial do sector SUR R-18 que afecta a área de repartición AR-18 que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal a iniciativa de Antonio González Ferreño, en nome e representación de Inversiones Gallegas en Suelo, S.L., e redactada por Aurianova Arquitectos.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do plan parcial no Boletín Oficial da provincia de Ourense, todo iso en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de Urbanismo e Ordenación do Territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares do plan parcial aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello».

O acto de aprobación definitiva do citado plan foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 13.2.2015 en cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A normativa urbanística e ordenanzas publicáronse no BOP de Ourense núm. 35, do 12 de febreiro de 2015.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

San Cibrao das Viñas, 13 de febreiro de 2015

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde