Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7105

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 28/2015, do 19 de febreiro, polo que se nomea director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a José Antonio Cerdeira Pérez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 15.f) e 17 do Decreto 213/2007, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de febreiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomear, como director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, a José Antonio Cerdeira Pérez.

Santiago de Compostela, dezanove de febreiro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente
En substitución por ausencia,
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza (Decreto 26/2015)

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas