Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7104

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 27/2015, do 19 de febreiro, polo que se dispón que cese María Martínez Allegue como directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no Decreto 213/2007, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de febreiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Que cese María Martínez Allegue como directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezanove de febreiro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente
En substitución por ausencia,
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza (Decreto 26/2015)

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas