Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7091

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública do proxecto de delimitación como solo de núcleo rural común de Vilariño.

Aprobado inicialmente o proxecto de delimitación como solo de núcleo rural común do núcleo de Vilariño por acordo do Concello Pleno en sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro
de 2015, de conformidade co artigo 93.4 e disposición adicional segunda da Lei 9/2002,
do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da
última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Sarria, 11 de febreiro de 2015

José Antonio García López
Alcalde