Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7092

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de postos de traballo para cubrir 5 (cinco) prazas mediante contrato temporal de revezamento ao 75 % da xornada.

– 5 prazas de policía portuario/a-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina
web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 10 (dez) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 13 de febreiro de 2015

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo