Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de febreiro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/208/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de xaneiro de 2015, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de tipoloxía agrícola, no lugar de Pereira, no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, e dar traslado ao Concello de Ponteareas do informe do subinspector urbanístico do 16 de decembro de 2014 co fin de que o alcalde adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística polas obras de cerramento de parcela sen axustarse á licenza urbanística municipal concedida no seu día, segundo o disposto no capítulo III do título VI da LOUG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros de Carmen Bernárdez Domínguez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística