Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador LU-26/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 28 de xaneiro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: E.S. LU-26/2014.

Interesada: Remedios Mazón Pérez.

Último domicilio coñecido: Rúa Nova, 109-1º D, Lugo.

Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.