Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de extinción do contrato de acceso diferido da vivenda identificada co expediente C-136-CD/63, conta 1043.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, por delegación do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2015

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

C-136-CD/63, conta 1043.

Interesada: Fanny Sorkin Arochena.

Acto notificado: resolución de extinción do contrato de acceso diferido por falecemento da súa titular.