Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo cal se lle notifica á persoa interesada un requirimento de documentación preceptiva en relación co expediente de subvención de axuda de plan de mellora 36/50020/12A.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentarse sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento da documentación preceptiva en relación co expediente de subvención de axuda de plan de mellora número 36/50020/12A. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase o interesado de que, se non emenda a falta ou non achega os documentos requiridos nun prazo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 36/50020/12A.

Interesado: Cristian Couto Sánchez.

Último enderezo coñecido: Camiño Vello, nº 18, A Carabuxeira, Padriñán, 36969 Sanxenxo, Pontevedra.

Asunto: requirimento para achegar a documentación preceptiva segundo a Orde do 8 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2012.