Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (797/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Víctor Jesús del Buey Touriño contra Limpiezas Secope, S.A. e o Fogasa, en procedemento de despedimento rexistrado co número 797/2014, se acordou citar a demandada Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 5 de marzo de 2015, ás 9.05 e ás 9.10 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta, e demais resolucións ditadas no presente procedemento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Igualmente, ponse en coñecemento da demandada que, con data do 26 de decembro de 2014, se ditou a seguinte resolución no expediente de despedimento 1015/2014, seguido neste xulgado:

Dispoño a acumulación deste procedemento de despedimento ao procedemento de rescisión contractual 797/2014 seguido ante este xulgado, continuar a tramitación nun único procedemento e dar de baixa este no libro de asuntos xerais mantendo o sinalamento para o axuizamento de ambas as dúas demandas o día 28 de xaneiro de 2015.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación a Limpiezas Secope, S.A., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial