Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6686

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 6ª Civil e Penal de Santiago de Compostela

EDICTO (436/2012).

Peza: recurso de apelación (Lecn) 436/2012

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 483/2008

Recorrente: Luis Couto Rendo

Procuradora: Susana Sánchez Barreiro

Recorrido: Jesús Rosende Couto

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz

Na presente peza de apelación civil número 436/2012 ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 185/2014

Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil catorce

Vistos pola Sección Sexta da Audiencia Provincial, integrada polos señores maxistrados cuxos nomes na marxe se relacionan, os presentes autos de procedemento ordinario 483/2008, tramitados no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, e que ante a Audiencia Provincial pendían en grao de apelación, seguidos entre partes; como apelante-demandado Luis Couto Rendo, representado nesta alzada pola procuradora Susana Sánchez Barreiro; como apelado-demandante Jesús Rosende Couto, representado nesta alzada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz; e tamén como demandados os herdeiros de José Couto Pazos, declarados en situación de rebeldía procesual. Foi relatora a maxistrada Mª del Carmen Vilariño López.

Decidimos: que con desestimación do recurso de apelación formulado pola representación procesual de Luis Couto Rendo contra a sentenza de data 5 de outubro de 2012, ditada nos autos de que esta peza dimana polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, debemos confirmala e confirmámola, con imposición ao apelante das custas devindicadas nesta alzada.

Notifíqueselles esta resolución en legal forma ás partes, facéndolles saber, conforme preceptúa o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, que contra ela cabe recurso de casación por interese casacional, que deberá ser interposto ante esta sección no prazo de 20 días desde a notificación desta sentenza, e deberá ingresar, en concepto de depósito para recorrer, a cantidade de 50,00 €, e achegar xustificante de ingreso na conta de consignacións deste tribunal, aberta no Banco Santander ES55 0049 3569 9200 0500 1274, clave de ingreso 1505-0000-12-NNNN-AA (sendo N e A o número e ano de procedemento), sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso.

E ao xulgado de procedencia expídase a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta a nosa sentenza, da cal se levará certificación á peza de apelación civil, pronunciámola, mandámola e asinámola».

E encontrándose os herdeiros de José Couto Pazos en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

O secretario xudicial