Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6663

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia unha poxa pública de armas.

Os días 13, 14, 15, 16 e 17 do mes de abril de 2015, no horario de 9.00 a 13.00 horas, terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sita na avda. Domingo Fontán nº 6, Poio (Pontevedra), unha poxa pública de 483 escopetas, 9 rifles, 24 carabinas de tiro deportivo, 47 pistolas e 33 revólveres, polo procedemento de prego pechado.

A apertura dos sobres coas ofertas e a adxudicación das armas farase o día 20 de abril de 2015, a partir das 9.00 horas, no citado acuartelamento.

Poio, 26 de xaneiro de 2015

Manuel Touceda Souto
Tenente coronel xefe accidental
da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra