Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6577

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Arzúa para a posta á disposición dos terreos necesarios para o desenvolvemento das obras de reconstrución da obra de drenaxe do Río Boente no Camiño Francés.

18.3.2014

40.859,84 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Neda para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para o desenvolvemento das obras de posta en valor e mellora da imaxe da Torre do Reloxo de Neda.

26.3.2014

37.780,21 €

Segunda addenda ao Convenio de colaboración asinado entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Verín para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín, cofinanciado en parte polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

8.5.2014

3.334.884,96 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Museo Kunstmuseum Bonn da Cidade de Bonn para a realización da exposición denominada Juan Uslé.

28.5.2014

104.393,35 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización do Festival Outono Lírico 2014.

29.5.2014

2.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Gonzalo López Abente, para a realización do II Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

10.7.2014

2.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Gaitas para a realización do XXIV Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

23.7.2014

12.000,00 €

Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa para establecer o marco de colaboración na organización e desenvolvemento da exposición «O Primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895».

1.9.2014

750.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universitat de Barcelona para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

1.9.2014

12.000,00 €

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de madeira, moble e cortiza.

9.9.2014

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia y el Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., para o desenvolvemento do proxecto «Educación financiera para jóvenes y adultos».

11.9.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación.

12.9.2014

3.750.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

12.9.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Voz de Galicia, S.A. para a actualización e mellora da guía dixital dos Camiños de Santiago, o fenómeno da peregrinación e a súa riqueza arquitectónica e artística.

12.9.2014

180.135,00 €

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol Petróleo, S.A., Complexo Industrial da Coruña sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional, especialmente nas da familia Química.

15.9.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, para a realización do título de máster oficial en Valoración, Xestión e Conservación do Patrimonio Cultural, a través da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

15.9.2014

0,00 €

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

17.9.2014

30.050,00 €

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aluminio Español, S.A./Alúmina Española, S.A. sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia fabricación mecánica.

17.9.2014

0,00 €

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aluminio Español, S.A./Alúmina Española, S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

17.9.2014

0,00 €

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia sanidade.

19.9.2014

3.600,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios de Refrigeración, Climatización y Maquinaria de Hostelería de Ourense sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

19.9.2014

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para o funcionamento do Centro de Formación Profesional Calvo Sotelo durante o curso escolar 2014-2015.

23.9.2014

106.925,61 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para o funcionamento do Centro de Formación Profesional Rafael Puga Ramón durante o curso escolar 2014-2015.

23.9.2014

490.096,50 €

Convenio para o funcionamento e a reserva de prazas para alumnado no Centro Neuropsicopedagóxico «O Pelouro», durante o curso 2014-2015.

23.9.2014

348.827,25 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a realización de proxectos de dinamización e intervención artística.

24.9.2014

250.000,00 €

Convenio de cooperación cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Negreira para a dotación de mobiliario na Biblioteca municipal que se atopa na Casa da Cultura-Auditorio de Negreira.

24.9.2014

11.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Uniwersytet Warszawski para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

1.10.2014

42.650,88 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Università degli Studi di Roma «La Sapienza» para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

1.10.2014

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidad Complutense de Madrid para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

1.10.2014

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

1.10.2014

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a University of Birmingham para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

1.10.2014

21.325,44 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e as fundacións María José Jove e Ingada para a difusión e fomento, entre o profesorado dos centros educativos de educación primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato, dun programa de formación para o tratamento do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade.

2.10.2014

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Vitivinícola do Ribeiro, S.C.G. para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia de industrias alimentarias na comarca do Ribeiro para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia de industrias alimentarias na comarca do Ribeiro.

2.10.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Bankia para o desenvolvemento de accións de mellora da calidade na formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

8.10.2014

1.000.000,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para realización de actividades de difusión e de formación do programa «Navega con rumbo V» no marco do proxecto Abalar.

14.10.2014

0,00 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Cabido da Catedral de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto de catalogación e indexación de fondos de protocolos notariais no arquivo catedralicio.

15.10.2014

30.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Manzaneda para a realización do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas 2014 «Memorial Gabino García».

16.10.2014

4.000,00 €

Convenio marco de colaboración entre a FEGAMP e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre o uso, por concellos galegos, de instalacións deportivas de titularidade da consellería.

16.10.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades do Sistema universitario de Galicia para o cofinanciamento do Subprograma Juan de la Cierva (convocatoria correspondente ao ano 2012).

20.10.2014

43.365,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de reparación de humidades no claustro barroco do Mosteiro de San Salvador e San Rosendo, en Celanova (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

21.10.2014

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo para o financiamento de centros de investigación.

24.10.2014

2.800.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade mercantil José Estévez As Ferreiras, S.L., a sociedade Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L. e a sociedade Agrobarreiro, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

25.10.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas ou institucións, para a implantación da modalidade de formación profesional dual na formación profesional básica no IES de Sabón.

29.10.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do Subprograma Ramón y Cajal.

7.11.2014

467.500,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o apoio ao Programa de Formación de Recursos Humanos do Hospital Veterinario Universitario.

7.11.2014

116.210,75 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar para impartir ciclos formativos de formación profesional básica e programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional.

10.11.2014

0,00 €

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar para impartir ciclos formativos de formación profesional básica e programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional.

11.11.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de restauración da Ponte Éntoma e a súa contorna en San Xoán de Éntoma, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no Marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

12.11.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Avión para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de consolidación e restauración da ponte do Porto en Couso, Ourense, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

12.11.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e os concellos de Silleda e Vila de Cruces para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de restauración do tímpano e muro de encanamento da ponte do Demo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no Marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

12.11.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Vilamartín de Valdeorras para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de rehabilitación da ponte de Portela, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

12.11.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra do Miño para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de consolidación e restauración da ponte Fillaboa, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

12.11.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o Programa de Estabilización 2014-2018.

14.11.2014

578.332,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a posta á disposición dos terreos necesarios para a execución das obras de instalación dun ascensor na Muralla Romana de Lugo.

14.11.2014

127.292,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) para o seguimento e garantía de calidade das ensinanzas artísticas superiores.

19.11.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a construción e desenvolvemento do centro da Campus da Auga no Campus de Ourense.

19.11.2014

4.499.032,20 €

Segunda addenda ao Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Cabido da Catedral de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto de catalogación e indexación de fondos de protocolos notariais no arquivo catedralicio.

24.11.2014

30.000,00 €