Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014120AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 2 de decembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2014120AL-OU, incoado a Miguel Iglesias López, DNI 34978229-J, con enderezo na rúa Río Navea, 20 de Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Miguel Iglesias López, DNI 34978229-J; o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cedula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial sita na avenida de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Novagalicia Banco-Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de xaneiro de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014120AL-OU.

Interesado: Miguel Iglesias López.

DNI/NIF/CIF: 34978229-J.

Último enderezo coñecido: rúa Río Navea, 20, Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: dous mil cincocentos euros (2.500 €).