Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6383

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 da Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2014, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da subvención: as subvencións teñen como finalidade promover o retorno das persoas galegas emigrantes a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos iniciais que comporta o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Norma reguladora: Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 39, do 26 de febreiro).

Aplicación orzamentaria: 04.30.312C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2014.

Crédito orzamentario: 98.500 euros.

Persoas beneficiarias da subvención de contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida:

Persoas beneficiarias

Importe concedido (€)

Diego Antonio Fernández Cao

4.890

Marisol Rey Pereiro

5.000

José Campos Barciela

4.000

Alejandro Boris Dovao Seoane

4.750,96

Jesús Villanueva Crespo

5.000

José Luis Reimóndez Ramos

3.168

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración